
Representación procesual en todo tipo de procedementos que se deben tramitar ante os xulgados do partido xudicial da Coruña, a súa Audiencia Provincial e ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Representación e xestión ante as administracións públicas.

Cumplimentación e dilixencia de todo tipo de comunicacións xudiciais: Exhortos, Mandamentos e oficios.

Xestións ante os rexistros da propiedade, mercantil e civil, así como para a obtención de certificados das últimas vontades e de antecedentes penais.
O partido xudicial da Coruña inclúe os Concellos de A Coruña, Arteixo, Cambre, Carral, Cerceda, Culleredo e Oleiros.
Este despacho emprega as últimas tecnoloxías no seu traballo para mellorar a eficiencia e adaptarse ás necesidades de avogados e clientes.